Monday 06 de May de 2024

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico


O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de subvencións para o financiamento de instalacións fotovoltaicas para a veciñanza de Arteixo entre outras medidas como:

1. Redacción e aprobación dun Plan Municipal de Fomento do Autoconsumo fotovoltaico para promover o autoconsumo eléctrico en Arteixo, que inclúa incentivos económicos e facilitación de trámites administrativos para os cidadáns e empresas que desexen instalar sistemas de autoconsumo.
2. Realizar campañas de concienciación e información sobre os beneficios do autoconsumo eléctrico, dirixidas tanto á cidadanía como ao sector empresarial, utilizando diferentes medios de comunicación como redes sociais, prensa local, cartelaría, entre outros.

3. Organizar sesións informativas e obradoiros prácticos sobre a instalación e mantemento de sistemas de autoconsumo eléctrico, en colaboración con expertos no ámbito das enerxías renovables e asociacións locais.
4. Promover a participación en eventos comunitarios, feiras ou exposicións relacionadas co autoconsumo eléctrico, onde se poidan mostrar casos de éxito e demostracións prácticas de funcionamento de sistemas de enerxía renovable.
5. Instalar paneis solares fotovoltaicos en edificios e instalacións municipais como exemplo de compromiso coa transición enerxética e a loita contra a crise climática.
6. Establecer exencións fiscais ou reducións nas tarifas municipais significativas para os cidadáns e empresas que instalen sistemas de autoconsumo eléctrico.
7. Colaborar con outras entidades e institucións para promover a formación e capacitación en instalación e mantemento de sistemas de autoconsumo eléctrico.
8. Apoiar firmemente todas as iniciativas cooperativistas para a produción de enerxía eléctrica que beneficien a toda a veciñanza que non poda instalar nas súas vivendas estes elementos.

Desde o BNG vemos importantes que se leven a cabo estas medidas para rebaixar o recibo da luz e tamén ser máis independente das compañías enerxéticas tanto para os edificios públicos como para os e as arteixás.

Deja un comentario